Bo día, Curuxiñalector@s!
Estou contenta de anunciar a inauguración do noso Club de Lectura. Este é un espazo especial onde os pequen@s amantes de libros poderán explorar historias incribles, compartir os seus pensamentos e xerar novas amizades a traves da lectura. O noso club é un lugar onde nos reuniremos para ler xuntos e gozar de actividades divertidas relacionadas coa lectura.
Hoxe foi a primeira toma de contacto e para iso, participamos nunha sesión de investigación. Déixovos aquí as pistas para que pescudedes o título do libro. É a misión desta semana.
Vémonos pronto, Voador@s de Libros!
No hay comentarios:
Publicar un comentario