Bo día, Curuxiñalector@s!
Hoxe tivemos unha emocionante reunión do club de lectura. Nela @s integrantes tiñan que comentar a solución ao xogo de pistas do outro día para pescudar o nome do libro que imos ler.
Como bos e boas investigadores e investigadoras, adiviñástelo! A lupa para descubrir un insecto, Tom Cruise porque é o protagonista da película "Misión imposible" e as letras porque era ambientada en Xapón. Pois si, o noso libro é: FORMIG4S, MISIÓN TOKYO.
Para facer a nosa reunión aínda máis especial, organizamos unha degustación de comida típica xaponesa. Cada bocado fíxonos sentir coma se estivésemos en Xapón, polo que foi unha forma perfecta de conectar co libro.
Grazas a todos e todas por participar nesta aventura, garántovos que seguiremos tendo sorpresas.
Vémonos na próxima, Voadores de libros!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario