Bo día curuxinalector@s!
O pasado luns 4 de marzo invitei as profes da biblio a participar nun obradoiro de costura creativa. Seguindo na nosa viaxe no tempo mergullámonos nun oficio moi tradicional: a costura. Aprenderon a contar historias con teas e fíos, como moitas antepasadas fixeron para alzar a súa voz cando estaban silenciadas (Arpilleiras Chilenas). Pasárono xenial e crearon unhas composicións moi fermosas. Pronto teremos sorpresas na biblio.
Estade atent@s! ;) #CosturaCreativa #8M
No hay comentarios:
Publicar un comentario