Bo día, Curuxiñalector@s!
Proclamado en 2011 polos Estados membros da UNESCO e adoptado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2012 como Día Internacional da ONU, o 13 de febreiro converteuse no Día Mundial da Radio.
Na nosa viaxe polo tempo, remontándonos ao século XIX, descubrimos as raíces da radio. Podería parecer que, co auxe das redes sociais, a radio é un recurso pasado. Pero non é así e grazas a era dixital na que vivimos isto foi evolucionando. Os nenos e nenas do cole puideron comprobar as súas vantaxes como son: o traballo en equipo, o respecto á quenda de palabra, o perfeccionamento da comunicación oral e escrita aumentando así a riqueza léxica, o fomento das habilidades e a creatividade...
PARABÉNS RADIO-LOCUTOR@S!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario