24/10/23

ESCAPE GAME DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bo día, Curuxiñalector@s!!!

Dende 1997 celébrase o Día das bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

Nós para celebrar este día, e dar saída ás mochilas viaxeiras deste curso baixo a nosa temática "UNHA VIAXE NO TEMPO", preparamos un escape game con diferentes probas inspiradas no pasado, presente e futuro. 

Espero que o pasedes ben ao longo de toda a semana.




No hay comentarios:

Publicar un comentario